HOXE ,POR FIN, O NOSO BARQUIÑO PEQUEÑO, SAE AO MAR ABERTO PARA UNHA LONGA MAREA POLOS MARES DO MUNDO. Os nosos mariñeiriños son rapaces do Morrazo axeitos a turrar cos temporais e a sortear e respectar os vaivéns do mar. Durante moito tempo o noso barquiño estivo traballando nas rías, preto da costa, onde a nosa tripulación foi adquirindo (nun tempo onde o termo estrela en educación e o das competencias) competensia mariñeira. Foron moitas horas de mar que compartimos cos outros membros da tripulación, xente que fixo posible que o noso barquiño pequeno sempre chegase a bo porto, e que non podemos por menos que lembrar aquí nesta nosa primeira marea en mar aberto: o noso Patrón de Costa o profe Moncho que sempre sacou o barco a flote cos seus coñecementos mariñeiros e a sua paciencia, o noso Patrón de Costa, o profe Xosé María que sempre nos levou a costas onde había bo peixe ( as costas de Java, Loquendo, Cool Edit…) ¡Ai, Carmela!...as profes Chus, Pilar e Fini que sempre que estivemos no carro nos botaron unha man… de pintura para que o noso barquiño se vise, como din os portugueses, mui lindo, o noso intendente Don Ramón que sempre nos alimentou a corpo de rei, o noso chaboleiro Guillermo que sempre aparellou o noso barquiño cando fixo falta e como non á toda empresa armadora de Castrillón co Xefe de Armadores Ramiro á cabeza.Mención aparte a Luz polo seu incasable traballo e axuda cunha parte moi importante da nosa tripulación.


TILTVIEWER

,
Unha nova forma de presentar imaxes mediante plantillas flash








TiltViewer requires JavaScript and the latest Flash Player. Get Flash here.

SAÍDA A NATURNOVA

,
Na última saída escolar visitamo-las instalacións de Naturnova e o Marco. Por impedimentos de orde maior (a folga do metal) tivemos case que suspendelo.

<

A CASA DA MOSCA CHOSCA

,
A partires da recreación que dun conto popular ruso chamado "A Casa da Mosca Chosca" editou Kalandraka, nos amplíamos o número de persoaxes e seguindo o espíritu do conto engadimoslle unha característica que rimase co animal. Así, o titulo do noso libro podería ser "A Casa da Ovella Vermella

ADIVIÑAS DE AUGA - EBOOK

,
Outra forma de presentar as nosas adiviñas é crear un libro con elas, e aquí o fixemos no noso blog coa súa adpatación dixital os ebooks.


VISITA DE ANXO FARIÑA

,
O ilustrador e excritor Anxo Fariña visitounos e nós recreamos algunhas das súas persoaxes mais coñecidas. Cada un de nos inventamos un novo Pelelliño que el autografiou.


UXÍO NOVONEYRA

,
O 2010 é o ano de Uxío Novoneyra, sen dúbida un dos mais grandes poetas na nosa lingua. Merecidamente dedícaselle o día das letras galegas. Aquí deixamosvos un dos seus poemas musicado por Maite Dono

OS REIS DO CAUREL
Tempo de vela-lo lume,
tempo do lume velar,
neva no alto da serra
neva no fondo do val.
Retrouso:
De aldea en aldea,
van os Reis xa cantar.
Brilan altas as estrelas,
brilan cunha luz moi clara,
mais brila Xesús meniño
deitadiño nunhas pallas.
Retrouso:
De aldea en aldea
van os reises xa cantar.
María lava os cueiros
no espello dun regueiro
e non vei a súa cara
que só vei a do seu neno.
Retrouso:
De aldea en aldea,
van os Reis xa cantar.
Os reis danlle o aguinaldo
coas mans da oración,
tornaron pra súa terra,
cabalgando cara o sol.

ANUNCIOS

,
De cara ao mesmo festival das Letras Galegas 2010 iniciamosnos en novas formas de expresión narrativa acorde cos tempos, aquí utilizamos as técnicas de dobraxe e Chroma Key na realización de dous anuncios que serían parte da nosa actuación no mesmo Festival.